Portugal

Templo Romano de [[Évora Portugal (, en mirandés: ''Pertual''), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O imperio portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (''de facto'') ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (''de iure''). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional viuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa. Provided by Wikipedia
Showing 51 - 62 results of 62 for search 'Portugal', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 51
    Publicado 2006
    ...Jornadas de Direito Canonico Lisbon, Portugal...
    Location: University Libraries of CUA, Catholic University of America
    Conference Proceeding Libro
  2. 52
  3. 53
    Publicado 1785
    ...Irmandade do Rosario do Barreiro (Lisbon, Portugal)...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro
  4. 54
    Publicado 1859
    ...Irmandade do Rosario do Barreiro (Lisbon, Portugal)...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro
  5. 55
    Publicado 1792
    ...Catholic Church. Archdiocese of Lisbon (Portugal). Patriarch (1786-1818 : José Francisco Miguel...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro
  6. 56
  7. 57
    Publicado 2021
    ...Congresso mariologico mariano internazionale Fátima, Portugal...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Conference Proceeding Libro
  8. 58
    Publicado 1880
    ...Pia União das Filhas do Sagrado Coração de Maria (Lisbon, Portugal)...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro
  9. 59
  10. 60
  11. 61
    Publicado 1997
    ...Jornadas de Direito Canonico Fatima, Portugal...
    Location: University Libraries of CUA, Catholic University of America
    Conference Proceeding Libro
  12. 62
    Publicado 2019
    ...Santuário de Fátima (Fátima, Portugal). Serviço de estudos e difusão (SESDI)...
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro