Benito Arias Montano

Benito Arias Montano, nado en Fregenal de la Sierra en 1527, e finado en Sevilla o 6 de xullo de 1598, foi un relixioso e humanista español, eminente políglota, teólogo, bibliólogo e poeta en latín.

Influído pola reforma protestante e a conseguinte contrarreforma e cunha boa relación coa monarquía hispánica, participa no Concilio de Trento e vive o ambiente cultural dende Roma e Flandres, onde comeza correspondencia e amizade cos principais humanistas da época. Humanista cristián, o seu pensamento harmoniza razón e fe, plásmase na produción intelectual, e baseáse nos seus coñecementos do mundo greco-latino e no dominio das linguas clásicas e bíblicas.

É coñecido sobre todo por ser o editor científico da ''Biblia Políglota de Antuerpen'', onde supervisa a súa edición, traduce algunhas partes e é o autor do ''apparatus'' crítico. Tamén é coñecido por ser o primeiro bibliotecario da Biblioteca Real do mosteiro do Escorial, onde dirixe a súa instalación, programa as adquisicións e efectua a ordenación do fondo bibliográfico. O seu traballo intelectual céntrase nos comentarios bíblicos e na doutrina cristiá, utilizando a poesía como un complemento da súa obra científica. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 10 results of 10 for search 'Arias Montano, Benito, 1527-1598.', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    Location: Hesburgh Libraries, University of Notre Dame
    Libro
  2. 2
  3. 3
    Outros autores: ...Arias Montano, Benito, 1527-1598...
    Location: John J. Burns Library, Boston College
    Libro
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
    Publicado 1698
    Outros autores: ...Arias Montano, Benito, 1527-1598...
    Location: Raynor Memorial Libraries, Marquette University
    Libro
  8. 8
  9. 9
  10. 10