Thomas Jefferson

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virxinia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virxinia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

esquerda|miniatura|160x160px|Thomas Jefferson no anverso dun dólar presidencial de 2007.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos ''Pais Fundadores'' máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Jefferson, Thomas, 1743-1826.', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
    Publicado 1844
    Outros autores: ...Jefferson, Thomas, 1743-1826...
    Location: Hesburgh Libraries, University of Notre Dame
    Conxunto