John Milton

 Primeira edición de ''Areopagitica''. |lugar_de_nacemento = Londres, Inglaterra |data_de_falecemento = |lugar_de_falecemento = Londres, Inglaterra |soterrado = St Giles-without-Cripplegate |soterrada = |residencia = |nacionalidade = |cónxuxe = |fillos = |relixión = |lingua = |lingua da escrita = Inglés |período = |debut = |movemento = |xéneros = Poesía, ensaio |obras = ''Paradise Lost'' |influencias = |influíu = |alma_máter = |estudos = |ocupación = |profesión = |organización = |cargos = Ministro de linguas estranxeiras |premios = |sinatura =John Milton signature.svg |tamaño_sinatura = 250px |web = |notas = }} John Milton, nado en Londres o 9 de decembro de 1608 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1674 foi un poeta e ensaísta inglés, coñecido especialmente polo seu poema épico ''Paradise Lost''. Politicamente foi unha figura importante entre os que apoiaron a Mancomunidade de Inglaterra. Ocupou o posto de ministro de linguas estranxeiras baixo o mandato de Oliver Cromwell e os seus tratados políticos foron consultados para a redacción da Constitución dos Estados Unidos de América.

Poeticamente, Milton é unha das figuras máis importantes do panorama literario inglés, sendo en ocasións situado ao mesmo nivel que Shakespeare. A influencia de Milton na literatura posterior é ampla e variada: atribúese á influencia da súa obra a aceptación e difusión do verso branco en poesía, e, especialmente durante o Romanticismo, as alusións á súa obra alcanzaron un nivel similar ao gozado polas referencias clásicas. A propia personalidade de Milton foi en ocasións debatida e criticada, en especial, a forma na que se debuxou a si mesmo nalgunhas das súas obras, sobre todo na ''Defensio''. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Milton, John, 1608-1674.', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
    por Milton, John, 1608-1674
    Publicado 1923
    Location: Marian Library, University of Dayton
    Libro